O Centro Cultural de Chaín celebra o seu 40 aniversario con “Un espectáculo de cine”

FOTO: CENTRO CULTURAL "A MERCED" DE CHAÍN

Este sábado día 5 de outubro ás 20:30 horas o Centro Cultural “A Merced” de Chaín celebrará o seu 40 aniversario con “Un espectáculo de cine”. Para conmemorar esta data tan importante prepararon un espectáculo onde as súas actividades interpretarán diferentes pezas de bandas sonoras, cada un na súa especialidade, e serán acompañadas por imaxes das propias películas. Ademais aproveitarán para proxectar diferente material sobre a historia do centro, acompañando todo o acto cunhas pequenas doses de humor. Tamén haberá sorteos entre todos os asistentes.