Xornadas de portas abertas na Piscina Mancomunada do Val Miñor para promover hábitos saudables

Desde o 4 ata o 6 de outubro, a Piscina Mancomunada de Val Miñor realizará unhas xornadas especiais de portas abertas para todos os veciños da comarca. O obxectivo da organización destas xornadas é animar á xente para reactivarse e comezar esta nova tempada cuns hábitos saudables nos que a actividade física é fundamental.

Para estes días, téñense preparadas moitas sorpresas e actividades na piscina ou nas salas. Ademais, os días 5 e 6 de outubro, a piscina contará con inchables para que os máis pequenos da casa desfruten dunha semana especial no centro deportivo.

Últimos días de matrícula gratuíta

Ata o día 6 de outubro, a Piscina Mancomunada conta cunha oferta especial para novas inscricións no centro. Durante este período, aqueles que se apunten aforraranse a matrícula e poderán gozar de asesoría deportiva. A Piscina Mancomunada abriu unha web especial para esta campaña (www.serviocio.es/tebuscamos/valminor) para informar desta oferta e na que se sortea un ano de ximnasio gratis.