O Coperfi Cereixa Gondomar FS comeza outubro coa que será a súa primeira campaña de afiliación. Os de Vincios afrontan a súa vixésimo oitava tempada con varias novas, onde queren facer partícipes aos seus simpatizantes e aos amantes do fútbol sala en xeral coa saída do carné de socio. Tamén en conmemoración das vodas de prata, o Vincios FS pon á venda a súa primeira bufanda, que estará exposta no seu Facebook e na Cafetería Cereixa onde naceu o club. O custe do carné de socio é de 10€ cunha soa cota anual e levará de obsequio a bufanda. Os interesados poden solicitar máis información ou afiliarse na Cafetería Cereixa, no teléfono 609 282 753 ou a través da súa páxina de Facebook: Cereixa Gondomar F.S.
O Cereixa pon en marcha a súa primeira campaña de captación de socios

