VI Mostra de Teatro Afeccionado “Mañufe levanta o telón”

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza a VI Mostra de Teatro Afeccionado “Mañufe levanta o telón”. Todos os sábados de outubro ás 20:00 horas (excepto o día 12, que será ás 20:30) haberá unha cita co teatro no Centro Cultural de Mañufe.

A mostra comeza este sábado día 5 coa obra “Saída de emerxencia” de José Mejuto, do grupo “Entretes Teatro”, continuando o sábado 12 co grupo de teatro “Alecrín” de Ribadumia e a obra “Por fin sos”.

O grupo de teatro “Misturart” de Chapela representará a obra “A reunión dos Zannis” de Daniel Tapia Alberto e Miguel Ángel Batista Rey, o sábado 19, e o sábado 26 a mostra chegará ao seu fin co grupo “Rueiro” de Vigo, coa obra “O avarento” de Moliere.