
O Club Ciclista Bici Verde organiza este domingo, 6 de outubro, o XII BTT Concello de Gondomar, coa colaboración do Concello de Gondomar e as Comunidades de Montes en Man Común de San Bieito, Mañufe, Couso, Santa Eulalia de Donas e Borreiros, coa debida autorización da Federación Galega de Ciclismo, e que estará dedicada á memoria de Dani Silva. Trátase dunha marcha de Ciclismo para Todos BTT de carácter non competitivo cunha distancia total de 36 kms, un desnivel acumulado de 1.100 metros e unha dificultade técnica media-alta.
A marcha está clasificada como marcha ciclodeportiva de velocidade libre a excepción dos primeiros metros que serán neutralizados. A saída e chegada situarase na Praza do Concello de Gondomar percorrendo as inmediacións das Comunidades de Montes de San Bieito, Couso, Mañufe, Santa Eulalia de Donas e Borreiros. A marcha comezará ás 9:30 horas do domingo, e rematará ás 14:00 horas
O XII BTT Concello de Gondomar está aberta a todo tipo de ciclistas que estean en posesión da licenza federativa do ano en curso, maiores de 15 anos. Os que non posúan dita licenza, poderán tramitar a licenza dun día da Federación Galega de Ciclismo (con seguro de accidente deportivo e responsabilidade civil). Para os participantes con licenza de un día e que sexan menores de idade deberán presentar autorización paterna ou materna.
A cota de inscrición será de 8 euros para os participantes federados coa súa licenza de ciclismo anual en curso. Para os non federados permitirase realizar a licenza dun día a un prezo 15 euros, incluíndo o seguro dun día. Para os participantes con carnés ciclistas ou licencias de tríatlon o prezo será de 10 euros. A inscrición o mesmo día do evento será de 12 euros, soamente para os corredores federados coa licenza anual. Esta debe ser presentada xunto ao DNI no momento de realizar a inscrición.
A inscrición realizarase a través da páxina www.magmasports.es realizando o pago por TPV ata o día 3 de outubro ás 23:59 horas cun límite de participación de 300 participantes. En caso de non cubrir a cota máxima de participación, permitirase a inscrición o mesmo día do evento dende as 8:00 ata as 9:00 horas, soamente para os participantes con licenza federativa anual e cun cargo económico descrito anteriormente.
A recollida de dorsais realizarase o mesmo día da marcha, domingo 6 de outubro, na Praza do Concello de Gondomar, en horario de 08:00 a 09:00 horas. Asignarase un dorsal persoal e intransferible a cada participante. Se permitirá a participación de bicicletas eléctricas.
A organización poñerá a disposición dos participantes avituallamento sólido e líquido tanto no transcurso do percorrido, como na chegada a meta. O XII BTT Concello de Gondomar conta cun seguro de accidentes e responsabilidade civil contratados pola Federación Galega de Ciclismo. A organización poñerá a disposición dos participantes, a colaboración da Policía Local de Gondomar, Protección Civil de Val Miñor, ambulancia e médico.
A organización poñerá a disposición dos participantes un servizo de recollida en caso de avaría, duchas e lavado de bicicletas no Pavillón de Deportes de Gondomar.
Ao comezo da proba os participantes recibirán un obsequio conmemorativo da mesma. Ao finalizar, realizarase unha entrega de obsequios aos seguintes participantes debidamente identificados: ao participante máis novo masculino e feminino; ao participante máis maior masculino e feminino; ao club máis numeroso; ao participante máis afastado; aos participantes máis rápido/a nos tramos STRAVA; e aos participantes empadroados no Concello de Gondomar.