O Concello de Gondomar organiza unha excursión para maiores á Costa Tropital. Serán 7 días e 6 noites por 399 euros con saída o 24 de outubro. O prezo inclúe hotel de catro estrelas en Almuñécar, transporte en autobús Gran Turismo, comida en ruta á ida e o regreso, réxime de pensión completa no hotel con servizos buffet, animación nocturna no hotel, guía acompañante e seguro de asistencia en viaxe. Os interesados poderán inscribirse ata o 18 de outubro no Departamento de Benestar Social (Casa da Cultura) ou no teléfono 986 36 01 68. Visitarán Salobreña, Málaga, Antequera, Almuñécar, Pampaneira, Motril, Rincón de la Victoria e Frigiliana.
Gondomar organiza unha excursión para maiores á Costa Tropical

