Bautismos de mar pola baía de Baiona co Servizo Marítimo da Garda Civil

O Concello de Baiona e a Garda Civil ofrecerán o vindeiro domingo, 6 de outubro, bautismos de mar co Servizo Marítimo do Instituto Armado. Haberá saídas ás 10:00, 11:00, 12:00, 16:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas desde o porto pesqueiro de Baiona, para realizar unha travesía pola enseada da vila. Os interesados en participar poden inscribirse no Pavillón Municipal de Deportes ou no teléfono 986 35 65 58. Cada viaxe realizarase cun máximo de 15 pasaxeiros (menores acompañados).