A Casa da Lectura inaugura a tempada cunha sesión especial a cargo da contadora Cris de Caldas

O mércores 2 de outubro, ás 18:00 horas, a Casa da Lectura volve abrir as súas portas para acoller as sesións de dinamización lectora dos Mércores na Casa da Lectura. A sesión inaugural correrá a cargo da contadora Cris de Caldas, que nos presentará o seu espectáculo “Os meus contos favoritos”, no que conxuga a tradición, a igualdade e o humor, procurando a participación nunha sesión dinámica e participativa.

Anuncios