Exposición do censo electoral no Concello de Gondomar

Os veciños e veciñas do Concello de Gondomar poderán consultar ata o próximo día 7 de outubro o censo electoral que rexerá nas próximas eleccións xerais, que se van a celebrar o próximo dez de novembro. Para facilitar a consulta dos datos, a fin de presentar se fose necesaria calquera reclamación ou modificación, manterase exposto na planta baixa do Concello (rexistro) ata o próximo día 7 de outubro. As consultas poderán realizarse en horario de nove da mañá a dúas da tarde, de luns a venres. É imprescindible presentar o DNI.