Brais Gómez despídese da categoría júnior cun segundo posto na Nocturna do Porriño

Brais Gómez Cima despediuse este venres da categoría júnior da mellor maneira posible e deixando en todo o alto o Club Ciclista Ponteareas. O baionés foi segundo na Nocturna do Porriño, organizada polo Club Ciclista Master da Louriña dentro das Festas do Cristo. Brais estivo acompañado no podio polos seus compañeiros de equipo Jorge Fernández Lorenzo e Manuel Rodríguez Alonso, primeiro e terceiro respectivamente.

“Dáme unha pena incrible deixar o club que me viu crecer, fíxome aprender moitas cousas e abrigo fíxome madurar como persoa e como ciclista. Só podo ter palabras de gratitude a todas as persoas desta escola, grazas por acompañarme en todos os momentos bos e sobre todo nos malos. Agora toca pensar na tempada 2020, xa como Sub23. Queda moito que aprender e mellorar, pero imos a por todas. Grazas a todas as persoas que seguen aí día a día”, sinalaba Brais.

Anuncios