200 quilos de lixo recollidos na praia de Santa Marta

Preto de 70 voluntarios recolleron este sábado 200 quilos de lixo na praia de Santa Marta, nunha xornada de limpeza organizada polo Baíña Fútbol Sala e Ecoembes coa colaboración do Concello de Baiona. Sacaron do areal 437 cabichas, 190 envoltorios de plástico, 208 cristais, teas, redes, cordas, tapóns, gomas, papeis, cerámica, un cargador portátil, unha saba, papel de aluminio… O obxectivo do club baionés é concienciar sobre os problemas ambientais que xera o abandono de lixo na contorna natural así como sobre a reciclaxe e o coidado do medio mariño, nunha nova aposta por ir máis aló na educación dos seus deportistas e socios. Desde o Baíña FS agradecen a todos os voluntarios que colaboraron na recollida.

Anuncios