Joel Ribeiro xa está en Gondomar coa prata da Copa de Europa de patinaxe artística

O reputado adestrador David Figueroa Pérez e o seu patinador Joel Ribeiro Díaz, aterraron no aeroporto de Peinador en Vigo ás 23:20 deste xoves portando a prata da Copa de Europa disputada esta semana en Roana, Italia.

Joel Ribeiro conseguiu subir ao podio e colgarse unha medalla de prata na categoría Infantil, proclamándose subcampión da Copa por segundo ano consecutivo.

Este resultado vén obsequiar unha vez máis o bo traballo realizado, un traballo en unión diaria co seu adestrador, artífice dos continuos e duros adestramentos diarios. Joel Ribeiro vive por e para a patinaxe artística e todos os días ao terminar a súa xornada escolar diríxese ao seu Club, o Club Patinaxe Artística Gondomar, sincronizando axenda co seu adestrador para poder chegar máis lonxe se cabe no mundo da patinaxe.

O patinador gondomareño xa concluía na tarde do martes o programa curto en segunda posición, confirmando a mesma tras a celebración do programa longo o mércores, 25 de setembro.

Anuncios