Curso preparatorio da proba libre da ESO dirixido a veciños desempregados de Nigrán

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Fundación Radio ECCA, ten previsto iniciar o 4 de outubro o curso de preparación da proba libre da ESO, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no Concello de Nigrán. Esta actividade desenvolverase en modalidade semipresencial (entregarase material para que o alumno traballe na casa, sendo obrigatoria a parte presencial dos luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas nas instalacións do Centro da 3º Idade de Ramallosa).

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 27 ao 4 de outubro, cubrindo unha instancia. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a propia plataforma da Sede Electrónica municipal.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Servizos Sociais, no 986-365000 (extensión 4) e coa Fundación ECCA no 986 227 315 ou formular consultas a través do correo electrónico vigo@radioecca.org facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicación e resposta.

Anuncios