Sin categoría

Catro loitadores baioneses continúan a súa formación en Pontevedra e Santiago

Os loitadores baioneses Cristian Suárez e David González permanecerán concentrados a tempada 2019-2020 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, cursando 1° de Bacharelato. Doutra banda, Omar Rodríguez e Diego Otero estarán ás ordes de Nicolás Castro, adestrador do Club Stelae en Santiago de Compostela. Ambos os dous deportistas continúan coa súa formación Universitaria na USC.

Este ano o Club de Loita Sabarís, do que forman parte os catro deportistas, participa no programa deportivo da Deputación de Pontevedra “DepoEscolas”. Os interesados poden matricularse na seguinte ligazón: https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-