Paralizados os pagos de Zona Franca a Nigrán

O Tribunal Supremo estima o recurso de casación interposto polo Consorcio da Zona Franca de Vigo ao Concello de Nigrán en relación a un convenio asinado entre as administracións por uns pagos relativos ao Parque Empresarial de Porto do Molle. Así pois a apelación presentada responde á vía de constrinximento imposta polo Concello ante a falta de pagamentos de Zona Franca. O órgano xudicial estipula que a vía executiva só pódese aplicar no caso de que se trate de débedas de orixe tributaria, con todo o acordo pactado entre as entidades públicas responde a un interese negocial. Polo momento estudarán se unha Administración de carácter público pode utilizar a vía do embargo a outra de similares características, debido a que ata o momento o suposto carece de xurisprudencia que avale tales accións.

Anuncios