Castro e Ladeira organiza a IV Festa da Cervexa e Salchicha Alemá

FOTO: CASTRO E LADEIRA

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza a IV Festa da Cervexa e Salchicha Alemá “Oktoberfest” do 26 ao 29 de setembro. Durante os catro días, veciños e visitantes poderán degustar cervexas e salchichas alemás desde o mediodía ata as 2 da madrugada, acompañadas de música en directo, baixo unha carpa instalada na chaira situada xunto á rotonda do cámping da Ladeira.

Haberá postos que despacharán cervexas de trigo, louras e torradas, ademais de salchichas de varios tipos e tamaños acompañadas de diversas salsas. Os asistentes tamén poderán degustar pratos autóctonos como a orella ou o lacón, entre outros, e gozar das actuacións en directo ao mediodía e pola noite.

Anuncios