Sin categoría

Teatro no Centro Cultural O Torreiro de Priegue

O Centro Cultural e Recreativo O Torreiro de Priegue albergará este sábado 21 de setembro ás 20:00 horas a obra de teatro “Fuga” da compañía Gargallada Teatro, procedente do Barco de Valdeorras. Enmarcada no Circuíto Galego de Teatro Amador.

“Fuga” é unha deliciosa e trepidante comedia de Jordi Galcerán, Conta a historia de Antón Pita, conselleiro de Industria e Enerxía, que acaba de dimitir por un escándalo de corrupción destapado polo xornalista polo que a súa muller decidiu deixalo. Cando está no seu chalé, a piques de suicidarse chama á porta Lorena, unha vendedora ambulante desesperada, que cambiará por completo a súa vida. As sucesivas chegadas ao chalé dunha prostituta, un asasino a soldo e o pai da Lorena, darán lugar a unha enleada trama cómica chea de reviravoltas, que vai rematar cun sorprendente final.