Baiona tramita as axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal

O Concello de Baiona informa que está aberto ata o 11 de outubro o prazo de solicitude das axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. As axudas da liña A están destinadas ao alugamento de vivenda, e poden tramitarse no Departamento de Servizos Sociais. As axudas da liña B están dirixidas á mocidade (menores de 35 anos), e os interesados poden recibir máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na planta alta do Concello.

REQUISITOS:

  • Persoa que na data de presentación da solicitude sexa titular, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
  • Custe do aluguer da vivenda que non supere os 400 € mensuais ou 480 € se se trata de familias numerosas.
  • Residencia legal en España.
  • Os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 e 2 veces o IPREM, agás familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias:
A) Requisito de ingresos da unidade de convivencia, agás casos especificados nas columnas B) e C) B) Familia numerosa de categoría XERAL ou persoas con discapacidade (distinta da sinalada na columna C): C) Familia numerosa de categoría ESPECIAL ou persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade  1
Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

2 veces IPREM

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

4 veces IPREM

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

5 veces IPREM

5.263,71€ 15.039,18€ 5.263,71€ 30.078,36€ 5.263,71€ 37.597,95€

(1) Tipos de discapacidade para ter en conta como ingresos máximos da unidade de convivencia 5 veces IPREM:
a) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.
b) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%

  • A persoa beneficiaria e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroados na vivenda na data da presentación da solicitude.
  • A persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia deben estar ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

DOCUMENTACIÓN:

  • Anexos I, II e III debidamente cubertos e asinados.
  • Documentación xustificativa dos ingresos:
    – Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
    – Certificado de pensións ou prestacións periódicas emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
    – Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
    – Certificado da contía percibida pola Renda de Integración Social de Galicia
  • Volante de convivencia.
  • Contrato aluguer da vivenda, dunha duración mínima de 1 ano.
Anuncios