Baiona celebra este domingo o “Día sen coches”

O Concello de Baiona, dentro da Semana Europea da Mobilidade, celebrará este domingo, 22 de setembro, o evento A cidade, Sen coche!, orixe desta iniciativa europea, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.

O goberno local pechará ao tráfico as rúas Carabela Pinta, Ventura Misa, Conde, Rúa do Reloxo, Xogo da Bóla, Lorenzo de la Carrera, San Xoán, Diego Carmona e Camiño Entrehortas, entre as 10:00 e as 19:00 horas.

Esta acción realízase coa intención de invitar aos cidadáns a modificar os seus hábitos de desprazamento e buscar alternativas o vehículo privado, buscando unha mobilidade sostible.

Anuncios