Tramitación das bolsas do MEC na Omix do Concello de Baiona

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Baiona informa de que está a piques de rematar o prazo de presentación de solicitudes para as bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional para distintos niveis educativos.

O prazo para Estudos non Universitarios está aberto ata o 1 de outubro, mentres que para os Estudos Universitarios rematará o 15 de outubro. A convocatoria para o curso 2019/2020 aínda está aberta, e as solicitudes poden tramitarse dende a OMIX, mediante cita previa no teléfono 986 385 921.