Clases de Baile Latino no Centro Sociocomunitario de Baiona

O próximo 4 de outubro comezarán no Centro Sociocomunitario de Baiona clases de Baile Latino. Serán impartidas os venres en horario de 19:00 a 20:00 horas. Os interesados poden obter máis información ou inscribirse no propio Centro ou no teléfono 886 11 01 23 de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono ou WhatsApp 722 68 54 41 en horario continuado de 9:00 a 21:00 horas.

Os asistentes aprenderán a bailar Ritmos Latinos, Bachata, Merengue, Salsa, Cumbia, Cha cha cha, etc., de forma divertida. Recoméndase asistir con parella, toda aquela persoa que non se inscriba con parella terá que emparellarse o primeiro día de clase, coa xente que acuda sen parella.

Aprenderán a bailar de forma social, para que poidan relacionarse co baile, aprender e bailar en diferentes eventos, festas, os pasos de cada disciplina, a identificar os diferentes ritmos.