A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo de Camos organiza unha excursión a San Froilán, festa de Interese Turístico Nacional do Concello de Lugo, o próximo 5 de outubro, con saída ás 8:30 da mañá desde Porto do Molle e chegada estimada ás 21:00 horas. O prezo é de 15 euros e as inscricións poden realizarse ata o 30 de setembro no teléfono 648 023 014. Os asentos do autobús serán por orde estrito de inscrición, quedando reservadas as catro primeiras prazas para os membros da organización.
Eixotolo organiza unha excursión a San Froilán

