O Baíña FS mantén abertas as inscricións para as categorías de base

O Baíña Fútbol Sala xa comezou os seus adestramentos de base con máis de 100 nenos, que unha campaña máis confían no club baionés para a formación deportiva.

Cun amplo equipo de adestradores o Baíña FS ten equipos en todas as categorías desde os 4 ata os 18 anos, incluíndo tres equipos en liga galega, un deles o cadete feminino.

O prazo de inscrición segue aberto ata final deste mes de setembro. Para máis información contactar con Daniel Alvárez no teléfino 617 902 730.

Por outra banda, os equipos sénior de terceira nacional e o filial da primeira galega debutan esta fin de semana nas ligas regulares.

Anuncios