Gondomar acollerá o II Encontro de Natureza e Infancia

Gondomar acollerá os días 27 e 28 de setembro o II Encontro de Natureza e Infancia. Este evento xorde da unión de múltiples entidades e organismos que no día a día traballan a prol da infancia e o seu dereito a vivir e medrar nunha contorna natural, en beneficio do seu óptimo desenvolvemento físico, social, emocional e familiar, e da necesidade de facer chegar esta mensaxe a un público máis amplo.

O encontro está organizado por Educaflash, Foresta, Gándara International School e as Sociedades Cooperativas Galegas Milramas e Miudiño, co obxectivo de proporcionar formación sobre a importancia de re-naturalizar a infancia; proporcionar aprendizaxes vivenciais de como facer esa incorporación; dar voz e relevancia á infancia como xeradora de opinión e necesidades; e proporcionar un punto de encontro e creación de sinerxías de entidades que traballen na temática natureza-infancia.

As xornadas están dirixidas a profesionais e familias interesadas noutra mirada cara á infancia e na mellora da súa calidade de vida a través da natureza. Haberá charlas, visitas guiadas, obradoiros, contacontos, xogos e un consello de nenos e nenas, ademais de postos de comida para o xantar. O venres as actividades desenvolveranse nas instalacións de Foresta en Vincios en horario de tarde, de 16:30 a 20:00 horas, mentres que o sábado comezarán ás 11:00 da mañá e prolongaranse durante toda a xornada, ata as 20:00 horas, no Centro Cultural de Mañufe, Milramas e o Pazo da Escola.

Os prezos para participar son de 35 euros (pase simple, a escoller venres ou sábado), 45 euros (pase completo, venres e sábado) ou 65 euros (pase familiar, 2 pases venres e sábado), con espazo infantil gratuíto para menores de 2 anos. Máis información e inscricións en infanciaenatureza@gmail.com.

Programa do Encontro:

Venres 27 | Foresta
Espazo Formación
16:30: Foresta: Un día nunha escola na natureza
18:00: Charla: ‘A natureza, unha aula en continua transformación:
Jara Loira 20:00: Peche de xornada: Actuación sorpresa!
Estade atentos e atentas ao anuncio nas nosas redes
Espazo Infantil con acompañantes: Xogo libre na natureza, espazo lectura

Sábado 28 | Centro Cultural de Mañufe
Espazo Formación
11:00: Charla: ‘Patios vivos: necesidade ou moda?’: Miudiño S.Coop.Galega
12:30: Visita guiada aos espazos de Gándara e Milramas
13:00: Obradoiro: Vagalume, espazo de luz: Milramas S.Coop.Galega
14:00: Xantar (haberá postos en carpa ou opción de menú con reserva
previa en O Pazo da Escola)
16:30: Charla: ‘Xogo na natureza: da teoría á práctica’:
Yessica Clemente (Rejuega)
18:00: Consello de Nenos e Nenas
Espazo permanente de encontro e mostra de proxectos ‘Natureza
e Infancia’
Espazo Infantil con acompañantes
11:00-20:00: Obradoiro de creación libre, espazos de xogo con brinquedos
tradicionais e material natural, espazo lectura
12:30: Contacontos: Diego García
16:30: Contacontos: Anxo Moure
20:00: Peche de xornada: Actuación sorpresa!