Sin categoría

Blanca Lago, do club Estivada de Baiona, campioa do I Torneo Intermodal Nacional de bolos

Este pasado fin de semana celebrouse en Camos-Nigrán o I Torneo Intermodal Nacional de bolos feminino, no que participaron un total de 28 xogadoras das comunidades de Andalucía, Asturias, Castela e León e Galicia.

Xogáronse 5 modalidades distintas de bolos. Pola comunidade andaluza bolos serranos de montaña e valle. Pola comunidade de Castela e León bolo burgalés. Pola comunidade asturiana bolo de Tineo e pola comunidade galega bolo Miñor.

Tras as puntuacións de todas as modalidades e a suma de puntos acadados en cada unha delas a clasificación final foi a seguinte:

Campioa do torneo:
BLANCA LAGO do club de bolos Estivada (Baiona).
Subcampioa:
JULIA LÓPEZ do club de bolos Xove (Lugo).
Terceira clasificada:
BELEN RODRÍGUEZ do club de bolos Rega (Baiona).
Cuarta clasificada:
PAULA LÓPEZ do club de bolos Portameán (Baiona).
Quinta clasificada:
LOLY RODRÍGUEZ da Federación Andaluza de bolos.
Sexta clasificada:
DAVINIA DIOS do club de bolos Portameán (Baiona).
Sétima clasificada:
PILAR ESPINOSA da Federación Andaluza de bolos.
Oitava clasificada:
ROCÍO MENÉNDEZ da Federación Asturiana de bolos.

2019-09-16 - 70482834_10217785369218243_3914274868194967552_n