Sin categoría

Baiona convoca un minuto de silencio polos asasinatos machistas de Valga

A Concellería de Igualdade de Baiona convoca este martes, 17 de setembro, unha concentración en repulsa do triplo crime machista acometido en Valga. O Concello fai un chamado á veciñanza para homenaxear ás vítimas -Sandra, a súa nai Elena e irmá Alba, asasinadas a tiros- e amosar a súa repulsa cara a violencia de xénero cun minuto de silencio. O acto será ás 12:00 horas na Praza do Concello.