O AD Vincios Gondomar non superou a primeira rolda da ETTU Cup

FOTO: AD VINCIOS // AD Vincios Gondomar e TTC Neuhausen.

Tras dous días de competición nos que se competiu a moi bo nivel, o novo equipo AD Vincios Gondomar regresa de Hungría satisfeito do nivel de competición alcanzado ante equipos máis fortes e de máis experiencia na competición europea ETTU CUP.

Estrearon a competición a tarde do sábado cargados de nervios contra o equipo belga CTT Tiege. O resultado de 3-0 en contra reflectiu ese estado inicial. No segundo partido contra os suízos do TTC Neuhausen ofreceron unha mellor cara. Empezou o partido xogando Anxo Iglesias con Pekka Pelz, perdendo 3-0 con parciais 11:8/11:5/11:7. Nun segundo partido moi axustado Martín Pintos superou por 3-1 a Elías Hardmeier, con parciais 11:8/10:12/8:11/9:11. No terceiro partido Santi Prieto caeu ante Mauro Scharrer por 3-1 con parciais 11:5/11:7/13:15/11:6, o que poñía a contenda en 2-1 a favor dos suízos. No ao cabo último partido, onde se enfrontaban os bases dos dous equipos, Martín perdeu 3-1 ante Pekka Pelz, con sets moi axustados 11:8/9:11/11:5/11:9, co que a eliminatoria foi para a marcadora suíza.

No partido do domingo contra o equipo anfitrión PTE PEAC Kalo-Meh (Hungría), e gañador deste grupo, o AD Vincios caeu por 3-0, perdendo os tres encontros entre Pete Zsolt e Martín Pintos Barreiro, Lehel Demeter e Anxo Iglesias e Gabor Gerold e Santiago Prieto.

O resultado final do Grupo C da ETTU CUP, quedou de primeiro o PTE PEAC Kalo-Meh (Hungría), segundo TTC Neuhausen, terceiro o CTT Tiege e cuarto o AD Vincios Gondomar.

Anuncios