Sin categoría

O Cereixa comeza a liga gañando

Gran encontro do Coperfi Cereixa Gondomar FS nunha saída complicada como é o Redondela FS, onde se atoparon un equipo novo e ambicioso que seguramente dará moito que falar nesta sempre complicada liga de Preferente. Apertada primeira parte no resultado quedando 1-1, onde se notaban os nervios do comezo dunha nova competición. Pasando por vestiarios, os de Vincios fixéronse co mando do encontro chegando ao final cun resultado de 2-4 que dá os tres primeiros puntos. Os goles do Cereixa foron obra de Gaby (2), Borja e Toñi. Destacar que todos os xogadores aportaron sacrificio, implicación e bo facer.