O Centro Cultural e Social de Baíña ofrece este domingo 15 de setembro unha sesión de cine ao aire libre coa película “Mamma Mia: Una y otra vez”. A proxección comezará ás 21:30 horas. “Mamma Mia: Una y otra vez” lévanos de viaxe ao verán onde comezou todo. Desde a súa vida no presente, os protagonistas de “Mamma Mia!” cóntannos os feitos acontecidos o máxico verán no que comezou esta historia dos tres posibles pais de Sophie.
Cine ao aire libre no Centro Cultural de Baíña

