Aberto o prazo de matrícula na Escola da Agrupación Musical de Belesar

A Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar ten aberto durante o mes de setembro o prazo de matrícula para o curso 2019/2020. Ofértanse clases de linguaxe musical, instrumentos, banda escola… e a posibilidade de preparar a proba de acceso ao Grao Profesional. Os interesados poden formalizar a súa matrícula de 16:30 a 22:00 horas na Escola de Música (Rúa Párroco Benedicto Polo, 8) ou chamando ao teléfono 696 10 54 20. Máis información no correo electrónico emus.belesar@gmail.com.

Anuncios