II Certame de Acordeóns no Torreiro de Priegue

O Centro Cultural “O Torreiro” de Priegue, en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, celebra este sábado 14 de setembro ás 19:00 horas o “II Certame de Acordeóns”. Participará o grupo de arcodeóns Brisas de Bouzas, o grupo de acordeóns do CV Matamá e o grupo de acordeóns Tarataña de Vigo.

O Certame rematará coa actuación dos mestres acordeonistas Jaime Vilas, Alberto Leboso, Manuel Olegario e o gran acordeonista local e Premio Grammy, Roberto Comesaña.

Anuncios