Curso de arte floral de defuntos no Centro Sociocomunitario de Baiona

O próximo día 20 de setembro, e durante seis semanas, impartirase no Centro Sociocomunitario de Baiona un curso de arte floral, un monográfico sobre o Día de Todos os Santos.

A profesora, Josefina Alonso, estrutura a actividade en 6 clases dedicadas exclusivamente para esta data tan especial, cos seguintes contidos: realización dun Abanico; traballar unha T invertida; elaboración dunha “L”; confección dun fliorete (arranxo que se pon colgado na porta do nicho); traballar un decorativo cun complemento chamado bronzenet; e clase especial de traballos libres.

Será un grupo reducido que traballará estes contidos en horario de 10:30 a 12:30 horas os venres 20 e 27 de setembro e 4, 11, 18 e 25 de outubro nas instalacións do Centro Sociocomunitario de Baiona.

O curso é gratuíto, financiado pola Consellería de Política Social, a excepción do material utilizado que corre a cargo dos participantes e unha cota de inscrición de 5 euros. Máis información nos teléfonos 886 110 123 e 886 110 124 ou no correo eletrónico c.b.s.baiona@xunta.es.

Anuncios