Sin categoría

O IEM organiza unha xeira á Costa da Morte

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza os próximos 19 e 20 de outubro a súa XXIII Xeira Alén Miñor á Costa da Morte, guiada por Manolo Vilar, director do Museo do Pobo Galego. A saída do autocar será ás 8:00 da mañá do sábado desde a explanada do Pavillón de Deportes de Gondomar, con chegada prevista ao mesmo lugar o domingo ás 22:00 horas.

Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM aos teléfonos 986 360 575/627 276816, de luns a venres de 18:00 a 21:00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal. O prazo de inscrición estará aberto até un total de 56 prazas. Non se reserva praza ate que estea abonada a xeira. As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles abonará o importe da mesma.

O prezo para os socios será de 120 euros, mentres que os non socios deberán abonar 130 euros. O prezo inclúe a viaxe en autobús, hotel (Fisterra), almorzo do domingo, comidas do sábado e domingo (Corcubión e Muxía), seguro, xantar, as visitas e guías. En caso de solicitar habitación individual haberá que abonar un incremento de 15 euros. Deberá realizarse o pago na conta do IEM ES95 2080 5035 0730 4001 4164.

Itinerario aproximado sábado

  • Brandomil (ponte sobre o Xallas), pasado romano.
  • Baíñas, senlleira feira comarcal, espazo literario.
  • Dolmen de Regoelle, Pedra da Arca.
  • Pedra do Brazal (panorámica do esteiro do Xallas)/ Petróglifo de Pedra Longa.
  • Petróglifo de Pedra Longa.
  • Miradoiro do Ézaro (Historia das centrais eléctricas, Monte Pindo e Fervenza do Xallas).
  • Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema.
  • Visita a Igrexa de San Marcos de Corcubión/Faro Fisterra.

Itinerario aproximado domingo

  • Museo da Pesca de Fisterra.
  • Percorrido por Muxía. Paseo desde o Cabo da Grixa até o santuario da Virxe da Barca. Visita a un secadoiro de congro.
  • Moraime (Igrexa románica, pinturas, busto de Asorey e restos arqueolóxicos).
  • Boallo e Berdoias, aldeas singulares.