Nigrán abre o prazo de solicitude de subvencións para as entidades deportivas do municipio

O Concello de Nigrán, a través da súa publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), abre dende maña o prazo dun mes para que as entidades deportivas do municipio soliciten subvencións municipais. O Concello de Nigrán realiza un ano máis a convocatoria co obxecto de apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades deportivas que complementen a programación dos servizos municipais e que se realicen con carácter público en Nigrán durante o ano 2019.

Para as actividades de fomento da práctica deportiva destínanse 25.000 euros en total, establecéndose un mínimo de 1.000 euros por entidade solicitante para participar en competicións oficiais (o 60% do orzamento que dispoñan para este efecto) e por outra banda un máximo de 1.500 euros para a realización de actividades deportivas nas que se valorará a duración, antigüidade da mesma, número de persoas beneficiarias e que sexa un deporte tradicional galego como os bolos celta.

As bases están publicadas na sede electrónica do Concello de Nigrán (http:\\sede.nigran.org, apartado “Transparencia”, subapartado “Taboleiro de anuncios”).

Anuncios