O Baíña Fútbol Sala organiza esta fin de semana o seu X Torneo Internacional

Esta fin de semana o Baíña Fútbol Sala, en colaboración co Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, organiza a X edición do seu Torneo Internacional. Ademais de todos os seus equipos participarán equipos de Ourense (Sala Ourense e Carballiño), Portugal (Gondarém) e outros clubs de Pontevedra, como Leis e A Quinta de Tui. Máis de 30 equipos e 300 deportistas nun torneo que se disputará no Pavillón Municipal de Baiona nas xornadas de sábado e domingo.