A Asociación de Veciños “A Camoesa” organiza un curso de alfabetización dixital a través do programa “Conectadas 2019” da Deputación de Pontevedra. O curso, que dará comezo o próximo 18 de setembro, centrarase en obter coñecementos básicos, habilidades e destrezas no manexo das novas tecnoloxías, aprender a manexar o correo electrónico, a tableta, o teléfono intelixente, etc. Consta de 35 horas, das cales 5 serán de igualdade, e desenvolverase de 17:00 a 19:30 horas. Hai dispoñibles 21 prazas. Os formularios para inscribirse están ao dispor dos interesados no Centro Cultural de Camos.
Artículos relacionados
A Área Sanitaria de Vigo leva realizadas 85.000 probas PCR nos Covid-auto do Chuvi
A delegada da Xunta de Galicia, Marta Fernández Tapias, realizou hoxe unha visita ao Covid-Auto do Hospital Álvaro Cunqueiro para coñecer in situ o funcionamento deste dispositivo sanitario, no que se efectúa a toma de […]
Carlos Abal expón actuacións para mellorar a seguridade viaria en Camos
O candidato popular á Alcaldía de Nigrán, Carlos Abal, visitou hoxe a parroquia de Camos, cunha charla no Centro Cultural A Camoesa, na que expuxo aos asistentes as propostas de goberno dos populares para o […]
A DGT intensificará a vixilancia de camións e autobuses na provincia durante a próxima semana
En cumprimento da programación das Campañas e Operacións de Vixilancia e Control para o ano 2021 levada a cabo pola Dirección Xeral de Tráfico, entre os días 11 e 17 de outubro terá lugar unha […]