Sin categoría

Xornada de eliminación de eucaliptos en Couso

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso e Acolá Froitos de Monte organiza o vindeiro sábado 7 de setembro a primeira xornada de traballos comunitarios, que abren a todo aquel que queira compartir un xornada de eliminación de eucaliptos. O punto de encontro será no Miradoiro do Viso (Alto de San Antoniño) ás 17:00 horas. Haberá froita e auga para os asistentes. Recomendan levar un par de luvas e unha machada pequena.