Comezan as visitas guiadas gratuítas por Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

Este xoves 18 de xullo comezan as visitas guiadas “Xoves no Camiño”, ás 10:00 horas desde a Oficina de Turismo de Baiona. A continuación, o grupo dirixirase ata a Praza de Santa Liberata, onde se iniciará o percorrido por un tramo do Camiño Portugués da Costa ata a Praza Victoria Cadaval de Sabarís, para terminar o percorrido na Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa.

O traxecto estará guiado por unha guía oficial, habilitada pola Xunta de Galicia, que interpretará os principais elementos patrimoniais do percorrido. A visita é gratuíta e require inscrición previa na Oficina de Turismo, no teléfono 986 68 70 67 ou no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.org. Se hai dispoñibilidade de prazas, poderanse inscribir no momento de iniciar a visita.

Tamén o sábado, ás 11:00 horas, inícianse as visitas guiadas polo Centro Histórico de Baiona, e o martes, 23 de xullo, á mesma hora comezan os roteiros guiados polo Obradoiro Valmiemprega III -promoción turística local e información ao visitante-, cun percorrido interpretativo polo Paseo Monte Boi.

Anuncios