A Aula de Teatro de Baiona-Teatro do Grilo abre o prazo de matrícula para o curso 2019/2020. As clases, que comezarán en outubro e estarán impartidas por Mónica Sueiro, desenvolveranse no Auditorio V Centenario.
Martes
- Maxín Teatro (12 a 15 anos. Teatro para adolescentes), 18:00 a 20:00 horas.
- Obradoiro de Interpretación (Adultos), 20:00 a 22:00 horas. Posibilidade de facer grupo pola mañá de 11:00 a 13:00 horas.
Xoves
- Non Si? Teatro (Creación escénica), 18:00 a 22:00 horas.
Máis información no correo electrónico monicasueiro@gmail.com ou chamando ao teléfono 638 186 112.

