Podemos Baiona pide activar a Emerxencia Climática

O Círculo Podemos Baiona presentou este venres por rexistro unha petición aos partidos con representación no Concello para activar a Emerxencia Climática. O pasado día 27 de agosto, foi a Xuntanza Aberta en Vigo coas representantes do movemento ecoloxista, quen trasladou as propostas da Alianza pola Emerxencia Climática para levalas a pleno. Dende o Círculo Podemos Baiona recolleron o documento pertinente e o presentaron por rexistro, para achegarllo a todas as formacións políticas e revisalo no próximo pleno do día 19.