
Ao longo da vindeira semana un total de 478 persoas comezarán na provincia 25 novos obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2019”. O luns 2 de setembro comezará en Nigrán un obradoiro de “Arte con flores” que se impartirá todos os luns de 19:30 a 21:00 horas, ata o 9 de decembro para a Asociación Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor. En Baiona tamén comezará un obradoiro de “Arte con flores” que terá, neste caso, horario de 16:30 a 18:30 horas e que será para a Asociación Centro Social e Cultural de Baíña. O mércores 4 de setembro comezará en Gondomar un de “Internet, correo electrónico e manexo do móbil”, os mércores de 20:00 a 22:00 horas ata o 11 de decembro á Asociación Cultural San Vicente de Mañufe. Pola súa banda, en Baiona, a Asociación de Veciños “Castro e Ladeira” asistirá todos os mércores ata o 11 de decembro, de 19:00 a 21:00 horas, a un obradoiro de “Internet, correo electrónico e manexo do móbil”.
O programa “Depo en Marcha 2019” espalla pola provincia de Pontevedra obradoiros, de 30 horas de duración, englobados en oito grandes áreas temáticas “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”. Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade. Este ano, a empresa Xestión Cultural Aurea S.L é a encargada de xestionar o programa, que conta cun orzamento de 156.000 euros.