
O Pavillón Municipal de Deportes de Gondomar acolle este sábado 31 de agosto ás 18:00 horas o encontro de oitavos de final da XXIX Copa Galicia de fútbol sala. O Coperfi Cereixa Gondomar FS enfrontarase ao Pazos de Borbén FS, actual campión da terceira nacional. Os de Vincios intentarán dar un paso máis na competición, e aínda que sexa moi complexo co Cereixa todo é posible, polo que piden unha vez máis o apoio da afección.