Na súa liña de traballo a prol da recuperación das tradicións populares, a Asociación Cultural Centáurea organiza este sábado 31 de Agosto unha nova xornada de cantos de taberna en Gondomar, que vai contar coa participación do grupo de canto popular do Centro Cultural de Peitieiros. O itinerario comezará ás 20:30 horas na Cafetería Keik e continuará ás 21:30 na Xamonería Catro Camiños.
Nova xornada de cantos de taberna en Gondomar

