I Trofeo Concello Fútbol Veteranos en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este sábado a partir das 18:00 horas no campo de fútbol de Condomínguez o “I Trofeo Concello Fútbol Veteranos”. Ás 18:00 horas terá lugar a semifinal entre Dunas e R. Vilariño, ás 19:00 a segunda con Chandebrito-Priegue, ás 20:00 o partido polo terceiro e cuarto posto e ás 21:00 a gran final do trofeo.