A Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Yahima Martínez Millán, visita Baiona

O 1 de marzo de 2001 visitaba a vila de Baiona Raúl Reyes, naquel momento presidente da asemblea local do municipio de Rafael Freyre da provincia de Holguín, en Cuba. O motivo desta visita non foi outro que a firma do irmandamento entre ambos os dous pobos por ser ambos os dous partícipes duns dos acontecementos máis importantes para o mundo, o Descubrimento de América.

O 28 de outubro do ano 1492, o Gran Almirante Cristóbal Colón descobre ou chega á costa da Illa de Cuba e entra na Baía de Bariay, e quedou materializado desta forma na historia da humanidade un dos feitos históricos, culturais, económicos e científicos máis relevantes de todos os tempos por significar o encontro das culturas do novo e vello mundo.

Con motivo de reforzar este irmandamento e relación entre ambos os dous pobos, a Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Yahima Martínez Millán, foi recibida polo Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, na Casa do Concello. Nesta reunión ambos se comprometeron a reforzar esta relación e tentar que o intercambio entre os dous pobos continúe coa próxima visita do embaixador de Cuba, Juan José Buitrago de Benito, na próxima edición da Festa da Arribada.