
A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar convoca este sábado 31 de agosto, ás 12:00 horas diante da Casa do Concello, unha concentración para a recollida de sinaturas de apoio ás alegacións presentadas ao Anteproxecto XG883 do Plan de Transporte Público de Galicia para a comarca do Baixo Miño e sur da comarca de Vigo, e para demandar o apoio da Corporación Municipal no vindeiro pleno de setembro. Intervirá: Manuela Rodríguez Pumar, voceira da AVTG.