A Garda Civil estrea a furgoneta camuflada na rede viaria da provincia de Pontevedra

A furgoneta camuflada que desde a pasada fin de semana percorre a rede viaria desta provincia xa detectou as primeiras infraccións, oito delas por facer uso do teléfono móbil durante a condución, que é unha das principais causas de mortalidade nos accidentes de circulación.

Trátase dun vehículo que circula sen ningún tipo de distintivo que os identifique como vehículos oficiais. Pertencen á Agrupación de Tráfico da Garda Civil e desde eles preténdese detectar as infraccións cuxa observación resulte máis difícil facelo a pé de estrada ou desde un vehículo oficial rotulado e, sobre todo, aquelas que máis poden incidir en distraccións, tales como o uso de teléfonos móbiles, así como na seguridade pasiva nos vehículos como non facer uso dos cintos de seguridade ou outros sistemas de retención infantil.

Os resultados, desafortunadamente non se fixeron esperar, xa que durante os primeiros días que prestou servizo nas estradas convencionais da provincia, os efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra detectaron desde a furgoneta un total 8 infraccións por facer uso do teléfono móbil (3 en camións, 2 turismos, 2 furgonetas e 1 ciclista); 1 por non facer uso do cinto de seguridade (turismo) e por último un ciclista que ademais de circular sen casco deu resultado positivo en substancias psicoactivas.

No ámbito penal investigouse a un condutor por un delito contra a seguridade viaria como consecuencia dunha alcoholemia positiva.

2019-08-29 - 20190829 Furgoneta camuflada (2)

Anuncios