O campo de fútbol de San Pedro acolle este sábado 31 de agosto o XI Trofeo Jorge Souto. Ás 17:45 horas disputarase o partido feminino, entre o Racing Vilariño e o Âncora Praia FC de Portugal, equipo de 2ª Nacional. Ás 20:00 horas será o torneo sénior masculino, co Racing Vilariño e o Vincios. Ao finalizar a competición celebrarase a festa da paella, cun prezo de 10 euros. Tamén haberá bocadillos.
XI Trofeo Jorge Souto en Vilariño

