Sin categoría

O Gondomar CF incorpora ao porteiro Sebastián Obregón

O porteiro de 24 anos Sebastián Obregón Valencia, natural de Cali (Colombia) e afincado en Ponteareas, convértese en novo xogador do equipo que prepara Víctor Santos. Formado nas categorías de O Condado dende benxamíns até cadetes. Recalou posteriormente no Porriño Industrial, onde logrou no segundo ano o ascenso do equipo B a Galega e gañando a Copa da liga. No terceiro ano de xuvenís a mellor posición en División de Honra do equipo de toda a súa historia. Primeiro e segundo ano de sénior no Cultural Areas, xogando 11 partidos en Terceira División, e o segundo conseguindo a permanencia na Preferente Sur. Terceiro ano de sénior no Caselas CF, logrando a permanencia na Preferente Sur. O cuarto ano de sénior foi UD Mos, logrando a permanencia en Primeira Autonómica, e o ano pasado no CD Valadares, conseguindo a permanencia na Preferente Sur.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “apostei por este club polo seu novo proxecto, pola súa historia e polas miñas ganas dun novo reto. O que máis me chama a atención no equipo son os meus compañeiros, o corpo técnico e a dirección. Xente moi humilde, con ilusión, con ganas de que empece a tempada e loitar todos polo mesmo obxectivo. Desde o primeiro momento que vin ao Gondomar CF transmitíronme iso. Á afección dígolle que sempre son o xogador número 12, os imos necesitar máis que nunca. O seu apoio e ánimo sempre é esencial para a motivación dun equipo e a presión aos contrarios. Son moi importantes para nós e sei que xuntos conseguiremos devolver ao Gondomar CF ao sitio que se merece. Loitaremos cada partido coma se fose o último, farémoslles gozar e así demostrarlle a todo o mundo quen son. Temos moi bo grupo e un gran corpo técnico, só necesitámoslles a eles para lograr o obxectivo, sei que o lograremos”.