Festas do Bo Xesús da Paciencia en Priegue

A parroquia nigranesa de Priegue celebra esta fin de semana as festas na honra do Bo Xesús da Paciencia. O venres 30 de agosto ás 20:00 horas celebrarase unha Misa, e ás 22:00 horas, os grupos América e Pros&Ma amenizarán a verbena.

O sábado 31 ás 10:00 da mañá a Banda de Música de Redondela ofrecerá un pasarrúas desde Rodosa ata o Torreiro. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme, seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música. Pola noite, ás 22:00 horas, a orquestra Marazul e o grupo Ritmo amenizarán a verbena.

O domingo 1 de setembro ás 10:00 da mañá a Banda de Música de Coruxo ofrecerá un pasarrúas desde a Praza fronte á farmacia ata o Torreiro. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne na honra do Bo Xesús da Paciencia, con posterior procesión acompañada pola mesma banda de música. Pola noite, a partir das 22:00 horas, as encargadas de amenizar a verbena serán a orquestra Royal e o grupo Dilema.

O luns 2 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Antonio e ás 17:00 horas as grandes cucañas. Pola noite, desde as 22:00 horas, a orquestra La Fórmula amenizará a verbena fin de festa.

Anuncios